Esta declaración de accesibilidade está referida a todos os contidos amosados na web da Consellería de Economía e Facenda exceptuando os incluídos na Oficina Virtual.
Este sitio web deseñouse coa intención de que puidesen acceder ao mesmo o meirande número posible de persoas. Con este fin seguíronse as directivas de accesibilidade para o contido web da WAI (Iniciativa de Accesibilidade na Web) do W3C.
Estas directivas organízanse en niveis, do xeito seguinte:
[Prioridade 1]
Unha persoa que desenvolva contido Web debe satisfacer este punto de verificación. Doutro modo, será imposible que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto é un requirimento básico para que algúns grupos podan usa-los documentos Web.
[Prioridade 2]
Unha persoa que desenvolva contido Web debería satisfacer este punto. Doutro modo, será difícil que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto eliminará barreiras significativas para acceder aos documentos Web.
[Prioridade 3]
Unha persoa que desenvolva contido Web pode cumprir este punto. Doutro modo, será en maior ou menor grao difícil que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto mellorará o acceso aos documentos Web.
De acordo con isto, defínense 3 niveis de cumprimento do documento:
Nivel de cumprimento "A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1.
Nivel de cumprimento "Dobre A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1 e 2.
Nivel de cumprimento "Triple A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1, 2 e 3.
O sitio web cumpre as "Directrices de Accesibilidade ao Contido Web 1.0" da W3C, dispoñibles en http://www.w3.org/TR/1999/WAI-WEBCONTENT-19990505, nivel Dobre A.
Conformidade co Nivel 'Dobre A' das Directrices de Accesibilidade ao Contido Web 1.0
Así mesmo, cúmprense gran parte dos puntos de comprobación do nivel Triple A.
Estas son algunhas das características do sitio web que axudan a mellorar a accesibilidade:
Aspecto visual
- Neste sitio web faise un uso intensivo das follas de estilo (css), coa fin de separar o contido da presentación. Púxose coidado en que as páxinas sexan lexibles en navegadores que non comprenden as devanditas follas de estilo.
- Os tamaños de letra son sempre relativos. Isto permite que a persoa que vexa as páxinas varíe o tamaño de letra, se así o desexa, mediante as ferramentas do navegador. Así, en Internet Explorer isto se acada con "Ver - Tamaño de texto", en Opera, con "Ver - Escala", en Netscape 7 con "Ver - Zoom del texto".
- As imaxes dispoñen de etiquetas descritivas.
- No deseño das páxinas non se empregan táboas. Estas só se usan para amosar datos que así o requiren.
- Non se emprega a cor coma único criterio para distingui-la información. Así facilítase a accesibilidade para as persoas con dificultades para distingui-las cores e para as que empregan dispositivos non visuais.
Varios
- O código da páxina indica o idioma do documento, así coma os cambios de idioma que no texto. Isto mellorará a accesibilidade nos navegadores non visuais.
- Indícanse no posible as abreviaturas e acrónimos. Algúns navegadores - Internet Explorer 6, Opera 7, Netscape Navigator 7 -, amosarán unha descrición da abreviatura cando se pasa o rato por riba desta. Nos lectores de pantalla, isto facilitará a comprensión do texto.
- Algunhas páxinas empregan javascript para facilitar a navegación ou o acceso á información. Esta información está dispoñible igualmente se o navegador non pode traballar con javascript ou o ten deshabilitado.
- Tanto os formularios coma a navegación en xeral son independentes do dispositivo (non se presupón que a navegación se levará a cabo coa axuda dun rato).
Ligazóns
- As ligazóns non abren novas xanelas do navegador, salvo que se indique expresamente o contrario.
- Cando o texto da ligazón non é explicativo, engadiuse unha descrición da mesma, visible en moitos navegadores cando se pasa o rato por riba da ligazón.
- O texto das ligazóns non está duplicado: dous enlaces co mesmo texto apuntan ao mesmo enderezo. Isto axuda a que o texto das ligazóns teña sentido cando se le fora de contexto.
Axudas á navegación
- Proporciónanse a posibilidade de saltar os grupos de ligazóns e acceder directamente ao contido principal da páxina. Isto é importante nos navegadores non visuais.
- Os documentos divididos en varias páxinas posúen enlaces co atributo "rel" que facilitan a navegación nos navegadores de texto.
Teclas de acceso
- A meirande parte dos navegadores permiten o uso das teclas de acceso para ir directamente a certas partes da páxina ou a certas ligazóns. En windows, deberase premer ALT + tecla de acceso, en Macintosh, Control + tecla de acceso. Neste sitio web están definidas as seguintes teclas de acceso:
- Enlaces ao sitio web da Consellería de Economía e facenda
Tecla de acceso 1: Páxina de inicio (só nas páxinas internas da web)
Tecla de acceso 2: Organización da Consellería de Economía e Facenda
Tecla de acceso 3: Normativa da Consellería de Economía e Facenda
Tecla de acceso 4: Documentos da Consellería de Economía e Facenda
Tecla de acceso 5: Mapa do sitio web da Consellería de Economía e Facenda
Tecla de acceso 6: Páxina de novas da Consellería de Economía e Facenda
Tecla de acceso 7: Oficina Virtual Tributaria
Tecla de acceso 8: Oficina Virtual do Empregado Público
Tecla de acceso 9: Oficina Virtual Perceptores
Tecla de acceso C: Páxina do Caixón de Suxestións do web
Tecla de acceso B: Buscador da Consellería de Economía e Facenda (só dende as páxinas internas do web)
Funcionamento do sitio web
Empréganse os mesmos mecanismos de navegación en todo o sitio web:
- Ligazóns definidas mediante os atributos "rel" (algunhas páxinas poden incluír algunha ligazón máis). Non todo os navegadores amosarán esta información:
- Na parte superior, e debaixo do letreiro de presentación da Consellería, inclúese unha barra de operacións para facilitar as seguintes tarefas:
- cambiar de idioma na páxina visitada,
- retornar á páxina principal do web,
- acceder ao caixón de correo de suxestión para notificar dúbidas, etc.
- realizar a busca de contidos na web directamente.
- Todas as páxinas inclúen una barra lateral onde se ten acceso ás distintas partes principais do web:
- Áreas,
- Oficina virtual,
- Documentos,
- Normativa,
- Consellería,
- Actualidade e Novas ,
- Información sobre a web.
- Na parte central atópase o corpo da páxina.
- Por último, e na parte inferior, disponse dun pe de páxina onde se da acceso á declaración de accesibilidade do web, o aviso legal da páxina e ofrecese a última data de actualización dos contidos sempre que sexa posible.
A distribución da páxina de inicio é un pouco distinta:
- Ligazóns definidas mediante os atributos "rel" (non todos os navegadores amosarán esta información).
- Na parte superior un letreiro de presentación da web da Consellería de Economía e Facenda.
- Debaixo do letreiro de presentación da Consellería, inclúese unha barra de operacións para facilitar as seguintes tarefas:
o cambiar de idioma na páxina visitada,
- acceder ao mapa de contidos do web da Consellería,
- acudir ao caixón de correo de suxestión para notificar dúbidas, etc.
- acceder á web da Xunta de Galicia,
- realizar a busca de contidos na web directamente.
- Coma contido principal da páxina, pódense diferenciar dúas seccións ben definidas. Na parte esquerda atópanse unha serie de cadros onde se inclúen os contidos principais do web, dando acceso á Oficina Virtual, ás Áreas, á Normativa, aos Documentos, á información da Consellería e aos webs dos organismos autónomos dependentes da mesma.
- No lateral atópase un conxunto de información dinámica como é a sección de novas que só será visible se o navegador utilizado dispón dun interprete de javascript axeitado, en caso de non dispor de javascript aparecerá unha mensaxe indicando este problema e unha ligazón á páxina principal de novas da Consellería de Economía e Facenda. Tamén hai un acceso a un conxunto de elementos destacados.