Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Decreto 247/1991, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas de xestión dos tributos creados pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

(DOG núm. 139, do 22 de xullo de 1991)

| |

De conformidade co establecido na disposición derradeira primeira da Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo, por proposta do conselleiro de economía e facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 4 de xullo de 1991,

|
arriba
|

DISPOÑO:

CAPÍTULO PRIMEIRO
Imposto sobre o xogo do bingo

Artigo 1.

O suxeito pasivo substituto do contribuínte presentará, referida ó número, clase e contía dos cartóns solicitados, declaración-liquidación polo imposto sobre o xogo do bingo e procederá a ingresar o seu importe na caixa da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda que corresponda ó lugar onde se encontre instalada a sala de xogo.

Artigo 2.

  1. A declaración-liquidación á que fai referencia o artigo anterior presentarase no momento de efectuar a solicitude de subministro de cartóns.
  2. O Servizo de Xestión Tributaria da Delegación competente non procederá á subministración dos cartóns solicitados sen que antes se xustifique o pagamento do imposto sobre o xogo do bingo relativo a eles, a través da entrega da correspondente carta de pagamento.

Na guía que o dito servizo expida como xustificante da tenza e destino dos correspondentes cartóns farase constar mediante dilixencia que se efectuou o pagamento do imposto sobre o xogo do bingo.

Artigo 3.

  1. O suxeito pasivo substituto do contribuínte poderá solicitar a devolución do imposto ingresado cando non sexa posible a realización do xogo do bingo.
  2. En particular entenderase que a dita circunstancia se producirá nos seguintes casos:
    1. Suspensión temporal ou perda definitiva da autorización.
    2. Cesamento voluntario no exercicio da actividade.
    3. Canxe de cartóns por outros de valor superior ou inferior.
    1. No primeiro suposto deberase acompañar á solicitude de devolución certificación de la Consellería da Presidencia e Administración Pública do acordo de suspensión temporal ou perda definitiva da autorización e xustificación da inutilización dos correspondentes cartóns.
    2. No caso de cesamento voluntario da actividade acompañarase certificación da Consellería da Presidencia e Administración Pública da baixa do Rexistro de empresas do xogo do bingo e xustificación suficiente da entrega dos cartóns correspondentes na delegación da Consellería de Economía e Facenda.
    3. No terceiro suposto acompañarase á solicitude de devolución xustificación de ter solicitado e obtido o cambio dos cartóns. Así mesmo acompañarase copia da declaración-liquidación que corresponda ós novos cartóns que se subministren como consecuencia do canxe autorizado.
  3. Naqueles outros supostos distintos dos contemplados anteriormente á solicitude de devolución acompañarase certificación da Consellería da Presidencia e Administración Pública expresiva das circunstancias que determinaron a non realización do xogo do bingo.
  4. Para a tramitación do oportuno expediente de devolución do imposto rexerá o disposto na normativa reguladora da devolución de ingresos indebidos.
|
arriba
|

CAPÍTULO II
Recarga sobre a taxa fiscal que grava os xogos de sorte, envite ou azar, rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias

Artigo 4.

  1. A recarga sobre a taxa fiscal que grava os xogos en casinos ingresarase mediante declaración-liquidación, dentro dos primeiros vinte días naturais do mes seguinte ó vencemento de cada trimestre natural, ben directamente na Caixa da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda que corresponda ó lugar onde estea instalado o casino de xogo, ben a través de entidades colaboradoras.
  2. A recarga sobre a taxa fiscal que grava as rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias será obxecto de liquidación por parte do Servizo de Xestión Tributaria competente por razón do territorio, logo de solicitude do suxeito pasivo, referida tanto á taxa fiscal como á recarga, que deberá presentar no prazo de trinta días naturais contados a partir da data do devengo.
|
arriba
|

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, ó día seguinte da publicación do presente decreto procederán a practicar declaración-liquidación polo imposto sobre o xogo do bingo e a ingresar o seu importe na caixa da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda competente por razón do territorio, comprensiva dos cartóns sen utilizar existentes na sala de xogo segundo o modelo que regulamentariamente se determine.

Segunda.

No caso de falta de presentación da citada declaración-liquidación a Administración xirará de oficio a oportuna liquidación do imposto seguindo os datos correspondentes á derradeira subministración de cartóns efectuada ó suxeito pasivo, sen prexuízo das correspondentes comprobacións inspectoras.

|
arriba
|

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Autorízase ó conselleiro de Economía e Facenda para ditar as disposicións necesarias para a aplicación do presente decreto.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC