(1) As referencias á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do titulo II da mesma, entenderanse realizadas á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
A disposición adicional primeira do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, autoriza á Consellería de Economía e Facenda a ditar as disposicións necesarias para a aplicación de dito decreto.
Pola súa banda, o artigo 13.3 do mencionado decreto establece que a utilización dos efectos timbrados requirira expresa autorización da Consellería de Economía e Facenda.
Dado que os servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación se prestan inmediatamente a súa solicitude, resulta necesario autorizar a utilización de efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia para o pagamento das taxas esixidas por ditos servizos administrativos.
Por todo elo,
DISPOÑO
| |Con independencia do procedemento de liquidación aplicable a cada taxa, os ingresos que por estes tributos corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia efectuaranse polos suxeitos pasivos a través das entidades financeiras colaboradoras autorizadas, relacionadas no anexo VII, sen prexuízo do disposto nesta orde para o pagamento mediante efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia (2).
(2) Redacción dada polo artigo 1.1 da Orde do 24 de marzo de 1998, pola que se modifica a Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago de taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
Salvo o disposto no parágrafo seguinte, as autoliquidacións por taxas ingresaranse no prazo de tres días a contar dende o seguinte ó seu devengo .
Nos supostos previstos nos artigos 21, puntos 3 e 4, e 23, apartado 09, subapartados 03 e 04 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (3), a autoliquidación presentarase e ingresarase nos vinte primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro, referida cada unha delas ós feitos impoñibles realizados no trimestre inmediato anterior (4).
(3) A referencia entenderase feita ó artigo 27, puntos 3 e 4, e ós subapartados 03 e 04 do apartado 09 do anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
(4) Redacción dada polo artigo 1.2 da Orde do 24 de marzo de 1998, citada nota anterior (D.O.G. Nº 68, do 9 de abril de 1998).
Sen prexuízo do disposto no último parágrafo deste artigo para aquelas taxas que, conforme ó artigo 6º do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan as normas para a xestión, liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, resulte aplicable o procedemento de autoliquidación, apróbase o modelo de impreso que figura no anexo I da presente orde.
Dito modelo constará dun exemplar para o interesado, outro para a entidade financeira e o resto para a Administración.
O impreso de autoliquidación será facilitado polos servizos administrativos, organismos autónomos ou entes xestores da correspondente taxa, os cales informarán ó solicitante sobre os números que debe consignar nos espazos reservados ós códigos da consellería, delegación e servizo e clave da taxa, conforme ás relacións que figuran como anexo V e VI da presente orde. As entidades financeiras autorizadas para a recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban o convenio de colaboración na xestión da renovación de licencias de caza e pesca, poderán solicitar autorización para o emprego dun xustificante do pago da taxa, que substituirá o modelo de autoliquidación (5).
O modelo de autoliquidación da taxa esixible pola inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma, artigo 18, número 03 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (6), axustarase ó que establece a correspondente orde da convocatoria.
(5) Segundo a redacción que da a este parágrafo terceiro o artigo 1.3 da Orde do 24 de marzo de 1998 citada anteriormente 1.3 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
(6) A referencia entenderase feita ó apartado 03 do anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Con carácter xeral o suxeito pasivo, unha vez ingresada a taxa e con anterioridade á prestación do servizo solicitado, deberá presentar ó servizo administrativo, organismo autónomo ou ente xestor de dita taxa, o exemplar para a Administración.
Naqueles supostos a que se refire o artigo 2 da presente orde, o suxeito pasivo deberá presentar dito exemplar ó órgano xestor da taxa correspondente dentro dos dez días seguintes á terminación de cada un dos prazos de ingreso.
Ademais, no caso da taxa establecida no artigo 23, número 08 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (7), pola inspección sanitaria veterinaria, os suxeitos pasivos presentarán ó servizo xestor da mesma o modelo que figura como anexo II da presente orde.
(7) A referencia entenderase feita ó apartado 08 do anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
| |Os efectos previstos no artigo 13.3 do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, para o pago de taxas esixibles polos servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, autorizase a utilización de efectos timbrados coa forma, valor e demais características que figuran no anexo III desta orde.
Pola Dirección Xeral de Tributos (8) emitiranse efectos timbrados que procedan para cada unha de ditas taxas.
(8) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
| |Os habilitados responsables dos fondos públicos nos servizos centrais das distintas consellerías solicitarán da Dirección Xeral de Tributos (9) os selos de cada clase que necesiten para a prestación dos servizos gravados polas distintas taxas, sendo responsables da custodia e recadación. (10)
(9) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
(10) Modificado por Orde de 31 de maio de 1995 (D.O.G. nº 127, de 4 de xulio de 1995).
Os secretarios ou funcionarios que substitúan nos servizos territoriais das distintas consellerías, deberán solicitar dos servizos da Tesoureira da Delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente á capital da provincia os selos de cada clase necesarios para prestar os servizos gravados por ditas taxas sendo responsables da súa custodia e recadación.
Coa periodicidade que se crea oportuno e, se é o caso como mínimo unha vez ó mes, os responsables de recadación, utilizando o modelo que acompaña como anexo IV a esta orde, procederán ó ingreso do importe recadado en calquera das entidades financeiras que en dito modelo se especifican; o mencionado modelo constará de tres exemplares.
Polas distintas unidades prestadoras do servizo, e unha vez realizado este, procederase a inhabilitar os efectos timbrados.
| |No ámbito das súas competencias autorízase á Dirección Xeral de Tributos, á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro e a Intervención Xeral a ditar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación da presente orde.
Así, mesmo autorízase á Dirección Xeral de Tributos a actualizar os anexos V, VI e VII. (11)
(11) Parágrafo engadido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, de 9 de abril de 1998).
| |Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela a 30 de xuño
de 1992
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda.
(12) Modelo de autoliquidación substituídos a tódolos efectos polo modelo A. Taxas. Autoliquidación en euros, aprobado pola Disposición Adicional Quinta da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo VIII (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2001).
(13) Modelo substituído polo modelo da declaración complementaria da taxa pola inspección e control sanitario oficial de carnes frescas e carnes de coello e caza, aprobado pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 5 de xaneiro de 2005, pola que se modifica o modelo de declaración complementaria da taxa por servizos profesionais, polas inspeccións e control sanitarios oficiais de carnes frescas e carnes de coello e caza que figura no seu anexo (D.O.G. nº 9, do 14 de xaneiro de 2005).
(14) Efectos timbrados substituídos a todos os efectos con valor facial en euros, aprobados pola Disposición Adicional Sétima da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001, e que figuran no seu anexo X (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2.001).
(15) Modelo substituído a tódolos efectos polo modelo T Documento de ingreso para efectos timbrados en euros, aprobado pola Disposición Adicional Oitava da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo XI (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2001).
(16) Modificado pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998) e polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, do 13 de xaneiro de 2000) e 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003) e do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro de 2004) e do 20 de decembro de 2005 (D.O.G. nº 250, do 30 de decembro de 2005) e do 20 de decembro de 2006 (D.O.G. nº 249, do 29 de decembro de 2006) e do 20 de decembro de 2007 (DOG nº251, do 31 de decembro de 2007).
| 04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza | ||
|---|---|---|
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Escola Galega de Administración Pública | OA |
| 04 | Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia | |
| 05 | Secretaría Xeral de Emigración | |
| 08 | Secretaría Xeral de Comunicación | |
| 09 | Protección Civil | |
| 10 | Secretaría Xeral de Política Lingüística | |
| 11 | Diario Oficial de Galicia | |
| 12 | Cooperación Exterior | |
| 16 | Xogo | |
| 17 | Asociacións e Espectáculos Públicos | |
| 18 | Administración Local | |
| 19 | Academia Galega de Seguridade Pública | OA |
| 20 | Interior | |
| 05 Economía e Facenda | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Instituto Galego de Estatística | OA |
| 03 | Instituto Galego de Promoción Económica | OA |
| 04 | CIXTEC | OA |
| 05 | Tribunal galego de Defensa da Competencia | OA |
| 06 | Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro | |
| 06 Política Territorial, Obras Públicas e Transportes | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Transportes | |
| 04 | Estradas | |
| 06 | Urbanismo | |
| 10 | Grupo de Portos | OA |
| 13 | Costas | |
| 16 | Xurado de Expropiación Forzosa | |
| 17 | Protección do Litoral | |
| 07 Educación e Ordenación Universitaria | ||
| 01 | Secretaría | |
| 03 | Ensino Medio | |
| 04 | Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional | OA |
| 08 Innovación e Industria | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Minas | |
| 03 | Administración Industrial | |
| 05 | Instituto Galego de Consumo | OA |
| 06 | Comercio | |
| 07 | Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) | OA |
| 08 | Enerxía | |
| 09 | Investigación e Desenvolvemento | |
| 10 | Turismo | |
| 11 | Servizo Galego de Propiedade Industrial (SEGAPI) | |
| 09 Medio Rural | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Supervisión de Proxectos | |
| 03 | Contratación | |
| 04 | Infraestructuras Agrarias | |
| 05 | Formación Agraria | |
| 06 | Centro de Investigacións Agrarias | |
| 07 | Axudas Estructurais | |
| 08 | Industria e Comercialización Agroalimentaria | |
| 09 | Sanidade e Producción Animal | |
| 10 | Montes e Industrias Forestais | |
| 12 | Defensa Contra Incendios | |
| 13 | Fomento Cooperativo | |
| 14 | Fondo Galego de Garantía Agraria - FOGGA | OA |
| 15 | Sanidade Vexetal | |
| 16 | Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) | OA |
| 10 Cultura e Deporte | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Axencia Galega das Industrias Culturais | OA |
| 03 | Arquivos e Museos | |
| 06 | Servizo de Patrimonio | |
| 07 | Deportes | |
| 08 | Rexistro da Propiedade Intelectual | |
| 11 Sanidade | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Planificación e Ordenación | |
| 03 | SERGAS - Secretaría | OA |
| 06 | SERGAS - Farmacia | OA |
| 08 | Saúde Pública | |
| 09 | Fundación Pública Hospital do Barbanza | OA |
| 10 | Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira | OA |
| 11 | Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia - 061 | OA |
| 12 | Fundación Pública Centro Transfusión de Galicia | OA |
| 13 | Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía | OA |
| 14 | Fundación Pública Hospital de Verín | OA |
| 15 | Fundación Pública Hospital do Salnés | OA |
| 16 | Inspección sanitaria | |
| 17 | Protección á saúde | |
| 18 | Promoción da saúde | |
| 19 | Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica | OA |
| 12 Pesca e Asuntos Marítimos | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Acuicultura (S.C.) | |
| 03 | Marisqueo (S.C.) | |
| 04 | Pesca (S.C.) | |
| 05 | Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro | |
| 06 | Recursos Mariños | |
| 07 | Estruturas e mercados da pesca | |
| 08 | Instituto Tecnológico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) | OA |
| 14 Igualdade e Benestar | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Garderías | |
| 03 | Xuventude | |
| 04 | Tempo Libre | |
| 05 | Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller | OA |
| 06 | Menores | |
| 07 | Acción Social | |
| 08 | Igualdade | |
| 15 Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible | ||
| 01 | Secretaría | |
| 04 | Espazos naturais e biodiversidade | |
| 05 | Recursos cinexéticos e piscícolas | |
| 06 | Protección Ambiental | |
| 07 | Fomento e Control de Calidade Ambiental | |
| 08 | Control e Xestión de Residuos | |
| 09 | Laboratorio Medio Ambiente de Galicia | |
| 10 | Centro de Investigacións Forestais | |
| 11 | Servicio Técnico Xurídico | |
| 12 | Augas de Galicia | OA |
| 13 | Empresa pública de obras e servizos hidráulicos de Galicia | OA |
| 14 | Inspección e Intervención Ambiental | |
| 15 | Meteogalicia | |
| 17 Traballo | ||
| 01 | Secretaría | |
| 03 | Relacións Laborais | |
| 04 | Consello Galego de Relacións Laborais | |
| 19 Vivenda e Solo | ||
| 01 | Secretaría | |
| 02 | Fomento e Calidade da Vivenda | |
| 03 | Instituto Galego da Vivenda e do Solo | OA |
| 23 Consello da Cultura Galega | ||
| 01 | Consello da Cultura Galega | |
| 24 Consello Consultivo | ||
| 01 | Secretaría | |
| Código | Descrición |
|---|---|
| 10 | A Coruña |
| 11 | Ferrol |
| 12 | Ribeira |
| 13 | Servizos Centrais |
| 14 | Ordes |
| 20 | Lugo |
| 21 | Celeiro |
| 22 | Vilalba |
| 30 | Ourense |
| 31 | O Barco de Valdeorras |
| 40 | Pontevedra |
| 41 | Vigo |
| 42 | Vilagarcía de Arousa |
| 43 | Lalín |
| 80 | Casa de Galicia en Madrid |
(17) Anexo modificado polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (D.O.G. nº 251, do 29 de decembro de 2003) e do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro de 2004) e do 20 de decembro de 2005 (D.O.G. nº 250, do 30 de decembro de 2005) e do 20 de decembro de 2006 (D.O.G. nº 249, do 29 de decembro de 2006) e do 20 de decembro de 2007 (DOG nº251, do 31 de decembro de 2007).
(18) Anexo introducido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998) e modificado por las Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2.003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004) , do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005) , do 20 de decembro de 2006 (DOG.nº 249, do 29 de decembro de 2006) e do 20 de decembro de 2007 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007).