Dándolle cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede fixa-los prezos privados dos cursos e obradoiros de artistas que son impartidos no Centro Galego de Arte Contemporánea de conformidade co seu plan de actividades.
A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.
É polo que
Facúltase o director xeral de Patrimonio Cultural para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A presentación do carné de estudante eximirá do pagamento do 50% da inscrición dos cursos, seminarios e ciclos de conferencias.
(1) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.
(2) En cada caso, os prezos en euros serán o resultado da conversión dos prezos aprobados en pesetas mediante orden de cada consellería aplicando as regras do artigo 11 da Lei 46/1998, é dicir, expresados con dous decimais, efectuándose o redondeo por exceso ou por defecto o segundo decimal mais próximo. No caso de que a terceira cifra decimal sexa cinco ou superior a cinco, o redondeo se efectuará á unidade superior.