Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Área de Intervención Xeral

Esta área contén toda a información e documentos relativos á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

INVENTARIO DE ENTES DE COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Inventario de Entes de Comunidades Autónomas

CONTROL FINANCEIRO DE SOCIEDADES PÚBLICAS AUTONÓMICAS E FUNDACIÓNS

Neste apartado as entidades suxeitas ao SISTEMA INTEGRADO DE INFORMACIÓN E CONTROL PERMANENTE DA XESTIÓN ECONÓMICA DE SOCIEDADES E FUNDACIÓNS PÚBLICAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA (Acordo do Consello de 18 de marzo de 1999), poderán descargar o programa de captura de datos contables, de cara a dar cumprimento ao seu punto nº 3.

Instrucións para a instalación:

  1. Descargue o ficheiro "install_intervencion.zip" premendo no botón descargar e gárdeo no disco duro.
  2. Descomprima o ficheiro gardado.
  3. Execute o ficheiro descomprimido (install_intervencion.exe) e siga as instruccións da pantalla.
  4. As entidades non autorizadas deberán solicitar un usuario e contrasinal ao mail cfs@xuntaeco.org.

Normativa Xeral de Control Financeiro de Sociedades Públicas Autonómicas e Fundacións:

Informes adicionais ao de Auditoría de Contas emitido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma:

INDICADORES DA ACTIVIDADE ECONÓMICO - FINANCEIRA

"A partir do cuarto trimestre de 2006 esta publicación está dispoñible na seguinte dirección: http://www.economiaefacenda.org/ga/areasecretariaxeral.htm"

EXECUCIÓN TRIMESTRAL DOS ORZAMENTOS

De acordo co previsto no artigo 117 do Texto Refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado por Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, dáselle publicidade ó estado de execución do Orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións, e a situación de tesourería e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias.

Último documento publicado:

Este documento está dispoñible en formato PDF, de Acrobat Reader (se así o desexa, aquí pode descarga-lo programa Acrobat Reader). Así mesmo, pode baixar o documento PDF comprimido en formato ZIP.

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC